Concello de Ourense - Cliente

CLIENTE

BONO DE 100€

O sistema funciona a través dunha aplicación móbil e o importe de cada bono irase consumindo en función do valor da compra.

Prazo para emisión de bonos: ata o 29 de maio de 2023, ás 24 horas.

Prazo para o troco dos bonos: ata o 31 de maio de 2023, ás 24 horas.

¿Quen pode obter o bono?

Poderán ser beneficiarias dos bonos as personas físicas que consten empadroadas en Ourense o 13 de marzo de 2023 e o soliciten cubrindo o formulario dispoñible nesta páxina web.

No caso dos bonos correspondentes a persoas menores de idade, a solicitude poderá ser realizada polo propio menor, se dispón de DNI/NIE e dun teléfono móbil ou dispositivo electrónico no que realizar a descarga do código QR a través do que se emite o bono.

En caso contrario (se non dispón de DNI/NIE ou non dispón de teléfono móbil ou dispositivo electrónico), o bono do menor de idade poderá ser obtido por calquera persoa maior de idade convivinte co menor no mesmo domicilio que figure no padrón. Neste caso, a solicitude incluirá unha declaración do número de menores incluídos no bono, cos seus nomes e apelidos, data de nacemento e DNI/NIE (este último, no caso de dispoñer del). A solicitude incluirá ademais unha declaración responsable de que o solicitante ostenta a patria potestade, tutela ou custodia do menor ou está autorizado para a solicitude do bono polo titular da patria potestade, tutela ou custodia.

A solicitude do bono do menor ou menores de idade efectuarase conxuntamente coa da persoa adulta coa que convive, emitíndose un bono único polo valor correspondente ao número de beneficiarios incluídos na solicitude.


¿Como funciona?

O bono poderá ser usado nun ou varios dos establecementos adheridos ao programa. Poderá solicitarse a aplicación parcial do desconto en cada compra que se realice, indicando esta circunstancia ao vendedor, podendo reutilizar o saldo resultante en sucesivas compras.

O importe do bono irase reducindo, ata o seu esgotamento, en función do valor da compra, podendo utilizarse para unha ou varias compras diferentes. No caso de que o valor da última compra sexa superior ao do saldo do bono, o importe non cuberto por este deberá ser abonado pola persoa consumidora. Poderán igualmente acumularse varios bonos nunha única compra. Nestes casos, o establecemento deberá asignar o mesmo número de factura aos bonos acumulados.

¿Como podo obter o bono se non teño un teléfono móbil?

As persoas que non dispoñan dun teléfono móbil ou dispositivo electrónico para facer a descarga poderán solicitar o bono de forma presencial no Concello de Ourense.

Para solicitar o bono, deberán solicitar cita previa, ben mediante correo electrónico ou telefónicamente.

  1. Por correo electrónico:
    Mediante email dirixido a bonosourense@ourense.gal , indicando os seguintes datos:
    • Nome e apelidos
    • Data de nacemento
    • NIF
    • Teléfono de contacto (opcional)

    No caso de solicitar o bono conxunto co dos menores de idade que convivan co solicitante, deberán incluir os seguintes datos:
    • Nome e apelidos do menor
    • Data de nacemento
    • NIF (se dispoñen del)

    Se a solicitude e/ou recollida do bono vai efectuarse a través dun representante, deberán indicar esta circunstancia no correo electrónico

  2. Por teléfono, chamando ao 988782920 , de luns a venres, en horario de 8:30 a 14:30 horas

IMPORTANTE: Esta modalidade está dispoñible ata o 26 de maio de 2023, ata as 14:30 horas.

Concertada a cita por calquera desta dúas vías, o Concello de Ourense reservará os bonos necesarios, que se entregarán nas oficinas municipais, á persoa interesada ou a un representante designado por esta, na data que se indicará aos interesados.

Para poder utilizar o bono, só debes seguir os seguintes pasos:

QUERO UN BONO
Volver á páxina principal